Asociación Cultural Caballeros de Santiago

A Asociación Cultural Caballeros de Santiago foi fundada o 22 de novembro de 1960. Desde as primeiras reunións dun grupo de imigrantes galegos en Bahia, no salón de actos da Igrexa de Pituba, ata hoxe moitas cousas ocorreron. En 1967, a entidade conseguía, durante a administración de Manuel Santos González Rodeiro, a súa primeira sede no edifício Sãou Luís no centro da cidade. Xusto nesta época cando se inician os primeiros cursos de lingua español. En todo ese tempo, Cabaleiros de Santiago nunca renunciou ao seu principal obxectivo, que é difundir a historia, a cultura e as tradicións galegas en Bahía.

En 1988 é dado un novo e importante paso na historia da entidade, co inicio da construción da actual sede, no barrio de Rio Vermelho, durante a xestión do presidente Orsí Pousada Covelo, sendo concluídas as obras na xestión do presidente José Castro Cabadas, o 27 de Xullo de 1989. Nesa época, a actual sede foi inaugurada coa presenza do entón embaixador de España en Brasil, José Luís Crespo.

Na xestión seguinte, a do presidente Manuel Antas Fraga, tivo lugar a reestruturación organizativa e cultural da Asociación: nela, reformáronse e modernizaron os estatutos, creouse a Medalla «Gran Cruz de Caballeros de Santiago», e iniciouse a informatización, entre outras actuacións.

Esta iniciativa vén dándonos excelentes resultados, promovendo a cultura e integración, servindo como exemplo de valor e determinación.